De onde proceden os datos reflectidos no seu expediente persoal?

A información procede dos datos do Rexistro Central de Persoal, que realiza as súas anotacións a partir das notificacións dos actos administrativos de xestión de persoal adoptados polos centros xestores competentes, variando o tipo de datos rexistrais en función da lexislación vixente en cada momento.

A calidade dos mesmos será maior a partir do primeiro regulamento regulador do RCP (1986) e da aprobación das primeiras Relacións de Postos de Traballo (1988-1990).